CRTVG

Buscar

O Liceo vence o Lleida e mantén a súa condición de invicto

Publicado o 24/10/2019 16:45

E mantén o Liceo a súa condición de invicto. Catro partidos de liga, catro vitorias. Mil espectadores no Pazo dos Deportes de Riazor. O rival era o Lleida. E o Liceo resolveu no minuto sete. Brigde abriu o marcador e despois de que o cadro ilerdense sacara de centro unha recuperación liceísta propiciou o segundo tanto.

Resultado que converteu o Liceo nun equipo cómodo o resto do partido. O Lleida apertou ao final e marcou o seu tanto por mediación de Joseph. O sábado o Liceo vaise medir co Igualada que tampouco perdeu no que vai de campionato.

Noticias web

24/10/2019