CRTVG

Buscar

O Liceo tentará superar unha marca histórica de triunfos e afastar o Barça en 5 puntos

Publicado o 06/12/2020 16:32

O Liceo ten este luns a posibilidade de superar a mellor marca histórica de triunfos nun inicio ligueiro. Se lle gaña ao Palafrugell en Riazor conseguiría a undécima vitoria consecutiva, algo que nunca logrou na súa dilatada historia.

Tamén igualará co Barcelona no número de partidos xogados. A vitoria permitiría abrir unha fenda de cinco puntos cando quedan catro xornadas para acabar a primeira volta. 

Noticias web

06/12/2020