CRTVG

Buscar

O Liceo ten na Copa a ocasión para esquecerse da eliminación da Champions

Publicado o 19/02/2019 20:38

Quince anos despois de gañar a Copa por última vez, o Deportivo Liceo disputa esta semana unha nova fase final deste torneo. O xoves debutará en cuartos ante o Igualada. Co Barcelona só se cruzaría nunha hipotética final.

A temporada pasada, o Liceo xogou a primeira final de Copa desde 2004, pero encontrouse co acerto do Barça a bóla parada. Agora ten unha nova oportunidade.

Juan Copa, adestrador do Deportivo Liceo: "Quedou un gusto agridoce, porque xogamos unha final moi guapa para poder gañar. Porque non este ano tentar facer o mesmo do ano pasado, pero cun final distinto, que sería gañar un título máis".

Tras a Supercopa, a Copa é a última ocasión para que este cadro de xogadores agrande o palmarés liceísta.

Juan Copa, adestrador do Deportivo Liceo: "Este grupo non vai ser así o ano que vén. Esa é a realidade. Non pasa nada. É a lei de mercado. Somos todos profesionais. O importante é o club".

Un dos xogadores que xa ten recambio é Xavi Malián. O porteiro do Porto, Carles Grau, será o seu substituto. Malián prefire non falar do futuro: "Cando teña que falar, falarei. Agora iso non importa. Importa a Copa do Rei".

O Liceo debutará o xoves na Copa contra o Igualada.

 

Noticias web

19/02/2019