CRTVG

Buscar

O Liceo sinala a copa do rei como unha das prioridades para o 2020

Publicado o 01/01/2020 20:10


O Liceo tamén aproveitou o Aninovo para sinalar os seus propósitos para o 2020. A Copa do Rei, que se disputará na pavillón de Riazor é unha prioridade, pero non a única: "Agora vén o máis importante que é selar moitísimas cousas. Primeiro temos que selar os cuartos de final da copa de Europa, na casa, en Riazor co Forte dei Marmi e despois temos aí o primeiro título importante da temporada que é a copa do Rei, que aínda por riba a imos organizar nós e fainos moitísima ilusión podermos xogar unha final máis, que levamos dúas consecutivas e a ver se somos quen de conseguilo", explica o técnico liceísta, Juan Copa.

 

Noticias web

01/01/2020