CRTVG

Buscar

O Liceo rexurde cunha goleada na pista do Palafrugell

Publicado o 12/01/2020 15:19

Trala dolorosa derrota da semana pasada ante o Noia, que lle fixo perder o liderado en beneficio do Barça, o Deportivo Liceo sacudiu as dúbidas dunha tacada e de xeito contundente. En cinco minutos xa marcara dous goles, con Marc Grau e Roberto di Benedetto. O Palafrugell, décimo clasificado, pretendeu facerlle fronte convertendo unha falta directa para o 1 a 2. Pero a resposta coruñesa foi agresiva, con 4 goles máis na primeira parte. No descanso o marcador de 1 a 6 falaba dun partido xa sentenciado, e o resultado final sería de 2 a 9.
Tres goles asinou o capitán Dava Torres. Dous Marc Grau e Roberto di Benedetto. Mentres que Maxi Oruste e Facundo Bridge fixeron cadanseus tantos.

Recuperou pois as boas sensacións o equipo de Juan Copa disposto agora a afrontar a cuarta xornada da Liga europea. Segundo do seu grupo tralo Oliveirense, o Deportivo Liceo terá que derrotar o Saint Omer francés o vindeiro sábado en Riazor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2020