CRTVG

Buscar

O Liceo remonta ante o Calafell

Publicado o 23/04/2021 21:21

O Liceo gañou o partido desta tarde contra o Calafell, en Riazor. Comezou perdendo. No minuto 10 anotou Eloi Mitjans para os cataláns. No 23 empatou Fabri, O liceo púxose por diante xa no segundo tempo, minuto 37 con gol de Dava Torres. E apenas un minuto despois, de novo Fabri pon o 3-1 no marcador. Unha vitoria coa que recurta a distancia co Líder, o Barcelona. O Liceo ponse a catro puntos do Barcelona, pero ten un partido menos.
 

Noticias web

23/04/2021