CRTVG

Buscar

O Liceo prepárase para unha semana decisiva

Publicado o 17/01/2019 16:18

E chegan uns días de máxima esixencia para o Liceo. Sporting de Portugal na Copa de Europa e o Barcelona na liga. En tres días, do sábado ao martes, o Liceo arrisca o tipo na Champions e na Liga. Agárdano dous xigantes: Sporting de Portugal e Barcelona. Primeiro desafío, en Lisboa. O Liceo precisa gañar para non depender de ninguén na Euroliga. Despois chegará a batalla de Barcelona, á caza do líder e cun espírito moi semellante.

Nas dúas contendas póñense en xogo boa parte das opcións dos galegos de chegar ao chanzo máis alto en ambas as dúas competicións.



 

Noticias web

17/01/2019