O Liceo prepara a Supercopa: "Non nos gusta a data, pero os xogadores queren títulos"
Publicado o 29/12/2020 17:31
O Liceo xa está enfocado na Supercopa da vindeira fin de semana que se disputará en Lloret, o primeiro título oficial da temporada e que veremos na G2 a súa semifinal ás 18:00 horas.
Xogar o 2 de xaneiro obriga os xogadores a marchar cara Cataluña poucas horas despois de celebrar o aninovo e o adestrador, Juan Copa, recoñece que as datas "non son as que máis nos gustan", pero sabe do competitivo que é o seu equipo: "Cando lles falas dun título, van por todas".
O Liceo está a pasar por un gran momento: líderes da OK Liga, en que só cederon un empate e na que lograron o seu mellor rexistro histórico de vitorias seguidas nun comezo de campionato.