CRTVG

Buscar

O Liceo pode asegurar o pase aos cuartos da Euroliga de hoquei na G2 (20.00 horas)

Publicado o 18/01/2020 12:58

Volve a competición europea ao Pazo dos Deportes de Riazor. O Liceo pode pechar a súa clasificación para os cuartos de final da Euroliga se vence ao Saint Omer francés e o Forte dei Marmi non lle gaña ao Oliveirense. Un obxectivo que quedaría solventado a falta de dúas xornadas para o remate da fase de grupos.

Para Carles Grau, "Sería importante ter xa a clasificación pra os cuartos de final en xaneiro e despóis se xogamos ante o Oliveirense polo primeiro posto moito mellor. Se non, a seguir traballando, e aínda teríamos o partido ante o Forte dei Marmi para lograr a clasificación"

No encontro disputado en Francia hai un mes o Liceo venceu por dous goles a cinco ante un equipo con xogadores con experiencia na OK Liga, como o coruñés Jacobo Mantiñán. En principio, o conxunto de Juan Copa parte como claro favorito para seguir o excelente camiño desenvolvido ata agora esta temporada.

Segundo Maxi Oruste, "este grupo é moi ambicioso e vai por todo. Queremos pelexar en tódalas frontes, queremos estar arriba sempre, así que loitamos para estar arriba en tódalas competicións"

O encontro entre o Deportivo Liceo e o Saint Omer comezará ás 20 horas, e será ofrecido en directo pola nosa segunda canle.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020