O Liceo persegue a xesta de dez vitorias seguidas
Publicado o 22/11/2019 17:14

Cita esta noite para o incontestable líder da liga de hóckey sobre patíns. Liceo-Xirona. Coa particularidade de ter a opción de igualar unha xesta en poder dun equipo irrepetible, o equipo de Huelves, Martinazzo, Joan Carles ou Pujalte.
Ese equipo estivo dez partidos gañando de maneira consecutiva. Hai vinte e sete anos. Andrés Caramés era o adestrador e Riazor unha festa cada partido. E esta noite os rapaces que dirixe Xoán Copa poden logralo. Levan nove triunfos en nove xornadas. O Xirona é o sexto clasificado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
06/12/2019 21:17
06/12/2019 20:46