CRTVG

Buscar

O Liceo perde na pista do Taradell o seu primeiro partido da temporada

Publicado o 30/01/2021 21:25


C. P. Taradell 4 Deportivo Liceo 2

Na OK Liga chegou a primeira derrota do Deportivo Liceo, que caeu en Taradell por catro a dous.
O partido ía de cara ata o minuto oito do segundo tempo, cando os de Juan Copa gañaban por cero a dous, cos goles de Franco Platero e de César Carballeira. Pero o Liceo non pechou o encontro e pagouno. O Taradell meteuse no partido cun penalti transformado por Víctor Crespo. O empate de Daniel Rodríguez Dalmau a oito minutos do final deu paso a unha recta final na que os liceístas non estiveron atinados. Así, Jacint Molera e Marc Soler completaban a remontada do conxunto catalán. O Liceo e o Barça quedan empatados a puntos antes de enfrontarse en Riazor o venres ás sete e media, en directo na G2.

Noticias web

30/01/2021