CRTVG

Buscar

O Liceo non depende de si mesmo para seguir na Champions

Publicado o 13/02/2019 18:02

Fin de semana europea para o Liceo. Últimas opcións de pasar á eliminatoria de oitavos da Champions. Claro que, se o Forte Dei Marmi italiano e o Sporting portugués empatan, todo estará decidido. Haberá pacto entre portugueses e italianos?

O Liceo non depende de si mesmo. Quedan dúas xornadas e o primeiro é gañar o sábado ante o Herringen en Alemaña e logo esperar o resultado do outro partido do grupo.

No enfrontamento entre o Forte do Marmi e o Sporting de Lisboa, en Italia, ao Liceo só lle vale unha vitoria dos portugueses, que, de momento, lideran o grupo e non coñecen a derrota. Pero o empate válelles aos dous conxuntos, os dous clasificaríanse e deixarían fóra da competición un Liceo que sempre é un rival temible. A sospeita sobre un posible pacto de non agresión sobrevoa o partido.

Se o Liceo gaña e o Sporting vence en Italia, os coruñeses xogarían unha final na última xornada ante os italianos en Riazor, onde deberían remontar a diferenza de goles para poder clasificarse como segundos.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019