O Liceo bate a súa marca e logra once vitorias consecutivas na OK Liga
No Pazo dos deportes de Riazor, o Deportivo Liceo gañou 5 a 1 ao Palafrugell. Con este triunfo, o equipo de Juan Copa logra once vitorias consecutivas na OK Liga. Superan así os coruñeses a marca da temporada pasada con dez vitorias consecutivas, e a que logrou o equipo da temporada 91-92. Os liceístas escriben así unha páxina máis da historia do propio club.
O partido diante do Palafruguell foi de clara superioridade do Liceo, consciente de que debe manter o ritmo para acabar a primeira volta por diante do Barcelona. Maxi Oruste (2), César Carballeira, Franco Platero e Jordi Adroher marcaron os goles do cadro verde.
Con este triunfo o Liceo ponse ao día co resto de equipos no tocante a partidos xogados e consolida o liderado da OK Liga con cinco puntos de vantaxe sobre o Barcelona.