O Liceo iguala o mellor arranque ligueiro da súa historia
Publicado o 05/12/2020 09:58
Co triunfo diante do Xirona (4-1) o Liceo igualou o mellor arranque ligueiro da súa historia con 10 triunfos consecutivos e o vindeiro luns diante do Palafrugell está en disposición de superalo.
O partido comezou cun gol en contra de Alex Grau. O equipo liceísta tardou en quecer pero cando o fixo volveu amosarse imparable. Antes do descanso remontou con goles de Marc Grau e Jordi Adroher. Xa no segundo tempo sentenciaron Franco Platero e César Carballeira.
O Liceo é o líder con 5 puntos de vantaxe sobre o Barcelona cando quedan cinco xornadas para o final da primeira volta.