CRTVG

Buscar

O Liceo gáñalle ao Barça no Palau once anos despois

Publicado o 12/10/2020 21:43

Once anos levaba o Liceo sen gañar no Palau Blaugrana. Once anos que acabaron este luns. Nun partido para infartar e con emoción ata o último minuto.

Abriu o marcador o Barcelona cun penalti polémico. Saída do Liceo desde atrás e bloqueo de Platero a Alabart. O colexiado sinala penalti para a incredulidade dos coruñeses. Anotaba o portugués João Rodrigues.

O empate do Liceo chegou con este espectacular lanzamento de Jordi Adroher. A gran fichaxe liceísta deste verán. Tremendo, o mísil do 77.

Despois do reinicio, e a oito minutos do final, o Liceo adiantouse cun golazo de Roberto di Benedetto. O seu disparo sorprende o gardameta do Barça. E, co Barça á desesperada, chegou o terceiro do Liceo co disparo de César Carballeira.

A falta de catro minutos chega o segundo do Barça. Marcaba Elder Nunes para facer o 2 a 3. Pero de novo Jordi Adroher volvía poñer o Liceo con dous arriba. Hélder Nunes facía o 3 a 4 a 57 segundos do final. Uns 57 segundos para infartar que deron a vitoria e o liderado ao Liceo.

Noticias web

12/10/2020