CRTVG

Buscar

O Liceo gaña en Lloret e suma oito de oito

Publicado o 21/11/2020 14:40


E na OK Liga, o Deportivo Liceo suma e segue. Onte gañou en Lloret e logrou o seu oitavo triunfo en oito xornadas. Dous a catro foi o resultado dun encontro que os liceístas resolveron na primeira metade. De feito, os goles do conxunto galego chegaron nos primeiros 18 minutos. David Torres, Jordi Adroher, Marc Grau e Franco Platero situaron no marcador un cero a catro que levou a unha certa relaxación os de Juan Copa no resto do choque. Así, o Lloret maqueou o resultado con dous tantos que non inquietaron un Liceo que mantén tres puntos de vantaxe sobre o Barcelona na clasificación.

Noticias web

21/11/2020