O Liceo estréase na Copa do Rei contra o Voltregá (xoves, 20:45, G2)
Publicado o 08/06/2021 12:13
A celebración do trofeo na Coruña engade ilusión a loitar polo título
O Hóckey Club Liceo quere comezar esta Copa do Rei, que terá lugar na Coruña, cunha vitoria diante do C. P. Voltregá nos cuartos de final.
Poderán seguir o partido tanto na G2 como na páxina web da CRTVG, este xoves, a partir das 20:45.
Daniel Echevarría, o seu presidente, comentaba despois de que lle tocara como rival o Voltregá: "Creo que o sorteo foi bo para nós".