CRTVG

Buscar

O Liceo, disposto a xogar no verán e a porta pechada

Publicado o 15/04/2020 20:53

O sindicato de xogadores de hóckey sobre patíns négase a xogar en xullo, non queren competir no verán e sen público pero no Liceo non opinan do mesmo xeito. Se hai plenas garantías de seguridade, de que non hai risco de contaxios, están dispostos a xogar en verán e sen público se fai falta. Queda por resolver a liga e non esquezan a Copa do Rei e da Raíña que se debería xogar no mes de xuño na Coruña.

Dava Torres, o capitán liceísta, explica a situación: "A posición, tanto do equipo do Deportivo Liceo, penso que tamén do club, non é outra que tentar entender este problema como un problema extraordinario. Entendemos que, no caso de retomarse a competición faríao garantindo a saúde de todos os xogadores de todas as competicións e nese suposto nós estariamos dispostos a xogar. O tema da porta pechada, dende logo é un problema para todos, pero pensamos que é mellor competir a non facelo. Para nós é unha situación moi complicada, non temos claro que se poida garantir a seguridade e a saúde, pero nese suposto, no caso de que todo iso pase, estariamos dispostos a xogar e tratar de facer o noso traballo".

Noticias web

15/04/2020