CRTVG

Buscar

O Liceo derrota o Voltregá e suma a súa sétima vitoria seguida

Publicado o 18/11/2020 21:58

O Liceo mantén a súa espectacular serie de resultados: sete partidos, sete vitorias. Esta tarde, impúxose na pista do Voltregá, que só perdera un encontro.

O conxunto catalán adiantouse con este tanto de Teixidó. O Liceo encomendouse ao seu capitán e Dava Torres fixo un golazo para empatar na primeira metade. O 2-1 chegou tras o descanso, nesta xogada de Marc Grau, que bate a portería catalá. E o terceiro para o conxunto de Juan Copa levou a sinatura de Jordi Adroher, que resolve con enorme categoría nunha falta directa. O Voltregá xogou o último minuto con cinco xogadores de pista e sen porteiro, e aí chegou o cuarto do Liceo, gol de Dava Torres.

Novo triunfo para un Liceo que en sete partidos meteu 44 goles e só recibiu oito.

Noticias web

18/11/2020