CRTVG

Buscar

O Liceo derrota o Noia cun gol na última décima

Publicado o 26/03/2021 21:55


Sufrida vitoria do Liceo ante o Noia esta tarde en Riazor, na xornada 25 da Ok Liga. Adiantáronse os coruñeses cun gol de Platero. O 0-2 foi obra de Roby Di Benedetto. Recurtou distancias o Noia por mediación de Xavi Costa, de penalti e co 2-1 foise ao descanso. Á volta, amplía vantaxe o Liceo con gol de Platero outra vez. O Noia, reaccionou e fixo o segundo Roc Pujadas, de falta directa. A un minuto do final o cadro catalán forzou o empate cun gol de Esteller. E in extremis, gol de Jordi Adroher cando quedaban tan só de décimas de segundo. Vitoria importante dos de Juan Copa para metelle presión ao Barça no liderado da clasificación

Noticias web

26/03/2021