O Liceo de Huelves tamén logrou dez triunfos seguidos, unha marca que hoxe queren superar os homes de Copa
Publicado o 07/12/2020 13:32
José Luis Huelves ergueu unha Copa de Europa no ano que aquel Liceo dos Martinazzo, Pujalte, Duarte, etc, estableceu un fito histórico: dez vitorias seguidas no arranque do campionato ligueiro. O ano pasado igualouse e hoxe, o Liceo actual aspira a botar abaixo a marca, con Huelves metido agora a labores de directivo.
Huelves valora especialmente a impecable marcha do Liceo nun ano de moitas dificultades.
O Palafrugell, rival da zona media da táboa, intentará ser algo máis ca convidado de pedra no asalto á undécima vitoria liceísta.