CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O Liceo comeza a OK Liga na pista do Noia

Publicado o 07/10/2017 15:19
E hoxe comeza a OK liga de hóckey sobre patíns. O Liceo estréase esta tarde na pista do Noia.



Será un primeiro test esixente para o equipo coruñés, que presenta varias novidades para esta temporada. Juan Copa toma a remuda do eterno Carlos Gil como adestrador. A volta de homes como Sergi Miras ou Eduard Lamas garante a competitividade dos liceístas. O Barça parte como favorito, pero aí estará o Liceo para intentar pelexar polo título.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí