CRTVG

Buscar

O Liceo apura as súas opcións na liga europea

Publicado o 15/02/2019 18:17

E antes de centrarse na Copa do Rei, o Liceo apura as súas opcións na liga europea, onde os herculinos non dependen de si mesmos. Para alcanzar os oitavos de final, o Liceo debe gañar en Alemaña ao Herrigen e agardar o que aconteza entre o Forte Dei Marmi italiano e o Sporting portugués. Se empatan...o Liceo queda eliminado, polo que os de Juan Copa non depnden de si mesmos. Ao Liceo interésalle o triunfo do Sporting, pero a primeira premisa pasa por derrotar eles o Herrigen. 

Josep Lamas. hóckey Club Liceo: "Son un equipo físico, que lle gusta correr moito, pero se facemos o noso partido, defendemos ben, sacamos contras, e logo en ataque lle damos moito ritmo e moita intensidade, deberiamos sacar os tres puntos".

 

 

Noticias web

15/02/2019