O Liceo afronta un novo reto ante a armada catalá
Publicado o 23/09/2020 12:17
Comezará o campionato ante Igualada
Ao pé do bimilenario faro romano, a case mil quilómetros de distancia, resiste, un ano máis, o acoso dos quince compoñentes da frota catalá o Deportivo Liceo. E promete darlles guerra por todo dende este mesmo sábado en Igualada.
A volta á casa do coruñés César Carballeira e a chegada do internacional Jordi Adroher fan albiscar un Liceo máis forte para desafiar, especialmente, o superpoderoso Barcelona nunha liga que sobe o nivel xeral respecto ao ano pasado.
Tras o polémico final da última Liga, na que o Barcelona foi campión sen ter que xogar o play-off polo coronavirus, vólvese ao sistema tradicional, no que cada punto será un tesouro.