O Liceo afronta o primeiro título da temporada, unha Supercopa que veremos na G2
Publicado o 01/01/2021 13:35
Nunhas datas atípicas xógase este título adiado no seu día pola pandemia. Están xa aos equipos á metade de temporada, aínda que no caso do Liceo cólleo no mellor momento, líderes invictos na Liga e plenos de entusiasmo.
Precisamente o Reus é o vixente campión da Supercopa e eliminara daquela ao Liceo nas semifinais. E será tamén o primeiro rival en Liga deste ano. Así que son vellos coñecidos e nos pequenos detalles decidirase o encontro.
A outra semifinal disputará o Barcelona e o Noia. Hai fame de títulos no Liceo, que ten dúas supercopas e tres finais perdidas.
Sen positivos por coronavirus, nos tests de antíxenos obirigatorios que tiveron que realizar nos días previos, vai o Liceo a Lloret coa intención de comezar o ano da mellor maneira.