O Liceo acada unha das goleadas da temporada cun 9-1 diante do Lloret
Publicado o 06/03/2021 21:09
Na OK Liga o Deportivo Liceo non afrouxa e segue intentando presionar ao Barça, o líder da competición. O equipo coruñés non tivo problemas para derrotar esta tarde ao Lloret no Pazo dos Deportes de Riazor por un marcador contundente de 9-1.
O encontro quedou resolto no primeiro tempo. Cinco a cero era o resultado ao descanso. Os tres pimeiros goles, obra dun inspiradísimo César Carballeira, e os outros dous de Jordi Adroher. Na reanudación sumouse a festa goleadora o capitán Dava Torres, quen celebrou a súa recente renovación con dous tantos