O Liceo abre a temporada na OK Liga cun triunfo ante o Xirona (3-1)
Publicado o 25/09/2021 21:43
Na OK Liga comezou a participación do Deportivo Liceo, que recibía ao Xirona en Riazor.
Os de Juan Copa sufriron para impoñerse por tres a un, con dous tantos de Di Benedetto e o derradeiro de Marc Grau.
Son os primeiros tantos dunha Liga que os liceístas teñen entre cella e cella logo do gran inicio coa consecución da Supercopa diante do Barça.