O Liceo abre a Copa enfrontándose ao Igualada
Os liceístas buscarán chegar á final, en que, posiblemente, se enfrontarían ao Barça
O Liceo abre a Copa esta tarde enfrontándose ao Igualada, un equipo ao que xa gañou en liga.
"Teñen unha defensa que se pecha moito, que non van buscar moito o contraataque, pero nós xa xogamos contra eles, xa lles gañamos, sabemos como atacalo e levar o partido ao noso terreo", explica Marc Coy.
Os liceístas non contarán nesta Copa cos irmáns Lamas, pero iso non os pode distraer do seu obxectivo, que non é outro que traer o torneo para A Coruña. Se pasan a seminifinais enfrontaríanse ou ao anfitrión, o Reus, ou ao Lleida, e nunha hitpotética final agardaría seguramente o Barça, o gran favorito, buscando repetir a final do ano pasado e tratando de lograr o desquite desa última Copa que se lle escapou ao Liceo.
"Penso que imos ter que facer unha copa, desde o meu punto de vista, sendo un equipo intelixente, temos que meter carácter, moito carácter, e logo que hai moitos membros do equipo que non gañaron a Copa nos anos que levan aquí e temos que buscar ese punto de motivación porque pode ser un dos últimos anos nos que estea este grupo xunto", asegura o adestrador Juan Copa.