CRTVG

Buscar

O Liceo, a pechar o pase a cuartos ante o Saint Omer

Publicado o 17/01/2020 21:46

En hóckey, o Liceo afronta esta fin de semana a posibilidade de pechar o seu pase aos cuartos de final da Liga Europea. Os coruñeses reciben en Riazor ao Saint Omer francés. Pero ademais estarán pendentes do que aconteza entre o Forte di Marmi e o Oliveirense. Unha vitoria liceísta combinada cun triunfo italiano abriríalle a porta das eliminatorias ao conxunto de Juan Copa. Óscar Grau ten claro como afrontar o encontro.

Noticias web

17/01/2020