CRTVG

Buscar

O libro galego esperta paseniño

Publicado o 19/05/2020 17:01

O corrente vira en extraordinario; un home na libraría ollando un libro. O mundo editorial esperta paseniño. Os andeis mostran novidades de abril de Edición Xerais, como a nova novela de Manuel Portas.

Galaxia doa o dez por cento das súas vendas en liña ás librarías que decida o lector. Avanzan as novidades, como o cómic O derradeiro libro de Enma Olsen, a versión da novela de Berta Dávila de Pablo Prado.

Reedítase a Carvalho Calero e traballos como as conversas que mantivo coa súa alumna Carmen Blanco. Laiovento presenta unha revisión de Foula e Ronsel doutra alumna e estreita colaboradora, Aurora Marco.

Novidades para os nenos. Kalandraka anuncia o libro póstumo de
Xabier P. Docampo, O pintor cego. Fina Casalderrey publica un libro-disco en Galaxia, Lingua guapa. Cantos que contan.

Noticias web

19/05/2020