CRTVG

Buscar

O Leyma leva o derbi galego diante do COB

Publicado o 04/01/2020 13:52
Os coruñeses decidiron no último cuarto

O COB tirou do poderío anotador de Darko Balaban para buscar a vitoria en Riazor. O sebio, segundo máximo anotador da competición, respostou con 23 puntos. Pero foi un argumento insuficiente para opoñerse ao xogo coral e físico do Leyma. Os coruñeses comezan a exhibir acerto desde o perímetro. Xavier anotou 5 de 7 en triplas. Atopiou ademais a complicidade de varios compañeiros. Os que máis, Ashley Hamilton, que a pesar das súas molestias físicas, demostrou que pode ser un me decisivo na liga. O mesmo que Peciukevicius. O base lituano liderou a última e exitosa tentativa de fuga dun Leyma superior. En defensa contivo a Balaban, catro puntos no segundo e tempo, e só padeceu coas triplas de Connor Wood.

Gonzalo García de Vitoria, o  adestrador do Club Ourense Baloncesto, recoñeceu que "é verdade que Coruña ten moitos focos e se tapas un é moi difícil tapalos todos". Para Sergio García, o  adestrador do Leyma Coruña,  "fomos capaces de pechar o partido e levarnos vitoria diante dun rival directo para o noso obxectivo un resultado moi bo para nós"

Cuarta derrota seguida para o COB. O Leyma suma e segue, 11 triunfos en 16 partidos.

 

Noticias web

04/01/2020