CRTVG

Buscar

O Leyma leva o derbi diante do Breogán cun Monaghan decisivo

Publicado o 09/01/2021 23:12

No baloncesto, o Leyma Coruña levou a vitoria de Lugo e colócase a un triunfo do Leite Río Breogán. Foi nun partido igualado ata o descanso. Os coruñeses colleron vantaxe na segunda parte, e a seis minutos do final gañaban de dez. Comezou entón a remontada do Breogán que, cun parcial de 14 a 2, deulle a volta ao resultado. Pero no último minuto e medio emerxeu a figura de Zach Monaghan, que foi decisivo. Ao final, vitoria do Leyma por 68 a 72.












 

Noticias web

09/01/2021