CRTVG

Buscar

O Leyma e o Breogán xogan un derbi moi igualado que ofrecerá a G2

Publicado o 01/12/2020 12:20

Nin o Leyma Basquet Coruña, ao que adestrou catro anos, nin o Breogán, o equipo da súa vida, do que agora é director técnico, nin o propio baloncesto teñen segredos para Tito Díaz. Desde a súa atalaia de veterano das canchas albisca un derbi apaixonante entre dous dos grandes candidatos ao salto á ACB.

Partido grande, xa que logo, de trascendencia relativizada polo momento aínda temperán en que chega.

Basquet Coruña e Breogán levan cadansúas tres vitorias en catro partidos. O que gañe hoxe subirá ao chanzo máis alto da táboa canda o Valladolid.

Noticias web

01/12/2020

Máis sobre Lugo