CRTVG

Buscar

O Leyma Coruña viaxa a Granada na busca dunha vitoria no primeiro partido das semifinais (mércores, 21:00, G2)

Publicado o 01/06/2021 13:33

O Leyma Basquet Coruña viaxa a Granada tras unha semana de descanso, froito da súa vitoria en dous partidos fronte ao Oviedo na eliminatoria de cuartos. Chega, en aparencia, máis fresco ca un rival que tivo que recorrer á prórroga do terceiro partido para se clasificar.

Romaric Belemene, alero do equipo: "Tiveron unha eliminatoria moi igualada e complicada. Pode que iso nos faga subir o nivel de competición".

Non se esquece na Coruña que o Granada foi o mellor na fase regular, pero o Leyma gañoulle un dos dous partidos e quedou a unha soa vitoria dos andaluces na táboa.

"Nós mesmos poñemos os nosos límites. Somos un equipo moi perigoso e non lle temos medo a ninguén".

Os laranxas cruzan a Península de punta a punta en autocar á busca dunha vitoria que queren facer valer o sábado en Riazor para evitar un terceiro encontro.

Noticias web

01/06/2021