CRTVG

Buscar

O Leyma Coruña pasa por enriba do Tizona en Burgos

Publicado o 11/11/2020 16:49

Na Leb Ouro, o Leyma Básquet Coruña gañou de malleira na pista do Tizona Burgos. O partido fora adiado no seu día. Os coruñeses deixaron ben claro desde o comezo a diferenza entre un equipo que aspira a todo e outro que acaba de ascender á categoría.

O primeiro cuarto resume o encontro, cun 4 a 22 a prol do cadro galego. O resultado final foi de 50 a 78. Chega así a primeira vitoria dun Basket Coruña que só puido disputar dous encontros.

 

 

Noticias web

11/11/2020