CRTVG

Buscar

O Leyma apela ao factor cancha para lograr unha histórica clasificación para a final

Publicado o 05/06/2021 14:52

O Leyma Coruña fixo o máis difícil en Granada: virar o factor cancha ao seu favor nun gran partido de 67 a 77 cun último cuarto brillante. Agora ten dúas oportunidades para clasificarse, pero queren que a de hoxe sexa a decisiva. Para iso asumen que deberán ser aínda mellores que o mércores.

SERGIO GARCÍA. Adestrador do Leyma Coruña: "Pensamos que eles tamén o van facer mellor, hai cousas que nós podemos mellorar: máis control nalgúns momentos, o nivel defensivo foi bo pero cometemos erros que non podemos cometer".

DAGO PEÑA: "É a clave. Nós como equipo ofensivo que somos, cando defendemos así é moi difícil gañarnos un partido"

A marea laranxa verase acoutada pola covid, pero as entradas dispoñibles voaron para quentar o forno de Riazor. Pulo por unha vitoria para unha final.

SERGIO GARCÍA. adestrador: "Porque agora xa non hai tanta gasolina e necesitan eses empurrón extra para esa defensa, ese rebote ou ese tiro. Entre todos confío en que o saquemos"

A partir das seis e media, pola nosa web, o Leyma Basquet Coruña intentará achegar A Coruña á ACB. A cidade non viviu na categoría máxima máis que no ano 68 co club Bosco. Hai maís de medio século.
 

Noticias web

05/06/2021