CRTVG

Buscar

O Levante sorprende na estera ligueira

Publicado o 18/08/2018 16:03

O Betis mailo Levante principiaron a temporada coa mesma dinámica coa que remataron a pasada.
Negativa nos andaluces que só gañaron un dos cinco últimos partidos e positiva nos valencianos vencedores en oito dos once partidos con Paco López no banco.
Os de Setién dominaron de saída, levaron o peso do partido, pero faltoulles pegada.
Todo o contrario que o seu rival. Os levantinos marcaron no seu primeiro achegamento. 
O coruñés Remeseiro realiza unha gran xogada que culmina co gol de Roger.
O tanto vai quedar nos libros de historia como o primeiro desta Liga, aínda que vai ser o de Morales o que se lembre durante anos.
O madrileño recolle a pelota no seu campo...marcha de cinco rivais...percorre preto de 75 metros...e bate con clase e sangue fría a Pau López. 
Os intentos do Betis por meterse no encontro encargáronse de curtalos Oier e o propio Morales.
O dianteiro contou con dúas oportunidades na recta final, das que aproveitou unha no tempo engadido.
Foi tras un gran pase de Rafael que un minuto antes sustituira a Remeseiro.
No Villamarín, chegou o comandante e mandou calar.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2018