CRTVG

Buscar

O Levante, primeiro clasificado para os cuartos de final da Copa

Publicado o 26/01/2021 21:14
O Levante, primeiro clasificado para os cuartos de final da Copa

O Levante é o primeiro equipo clasificado para os cuartos de final da Copa do Rei logo de impoñerse ao Valladolid por 2-4. 

E iso que os locais se adiantaron aos 13 minutos cun gol de Toni Villa. Aínda no primeiro tempo remontou o Levante grazas a Bardhi e Malsa. Xa no segundo tempo, Coke puxo o 1-3. Weismann recurtou diferenzas pero Morales acabou por sentenciar o encontro.