O Levante e o Valladolid igualan (2-2) nunha media hora final tola
Publicado o 23/01/2021 18:01
O Levante e o Valladolid empataron a dous goles nun partido en que todo pasou na derradeira media hora de xogo. Logo dunha hora insulsa e aburrida, os tantos chegaron ao final. Púxose por diante o Levante, marcou Dani Gómez. A asistencia foi de De Frutos, que marchou lesionado. E tardou moi pouco en igualar o Valladolid, marcou Alcáraz dende fóra da área. E repetiron os pucelanos pouco despois. Marcou Óscar Plano porque o balón petou en Duarte e despistou o porteiro. Non había fóra de xogo no comezo da xogada, a posición era correcta. Pero cando os de Sergio contaban coa vitoria apareceu Roger para volver poñer as táboas no marcador no 83. 2-2, empate, reparto de puntos. O Levante chega aos 23, o Valladolid queda con 20.
Máis sobre actualidade
02/03/2021 11:46