CRTVG

Buscar

O Leite Río Breogán recupera as boas sensacións diante de Castelló (87-69)

Publicado o 19/01/2020 10:49

O Leite Río Breogán acadou unha vitoria diante de Tau Castelló na que amosou a súa consistencia e profundidade de plantel (87-69). O primeiro cuarto resultou igualado coa única vantaxe visitante (12-13) e cun Breogán que rematou con cinco puntos de diferenza (20-15). O encontro mantívose igualado ata mediado o segundo cuarto (30-29) pero a aparición de Powell e Soluade comezou a decantar a balanza a prol dos lucenses cun 42-31 ao descanso. 

A sentencia chegou no terceiro período cando Breogán se puxo por riba dos quince puntos de vantaxe e non deixou achegar en ningún momento a Tau. Chegou a ter unha máxima diferenza de 23 tantos e acabou cun triunfo cómodo. Powell con 19 puntos foi o mellor do encontro, ben secundado por Ahonen (15) e Soluade (12). 

Noticias web

19/01/2020