CRTVG

Buscar

Unha asociación propón Día da Morte Digna o 12 de xaneiro, na honra de Ramón Sampedro

Publicado o 13/01/2019 17:56

A Asociación Dereito a Morrer Dignamente quere que o 12 de xaneiro se converta, a nivel estatal, no Día da Morte Digna, na honra de Ramón Sampedro. Na súa localidade natal, Porto do Son, conmemoraron a data cunha homenaxe en que participaron algúns dos seus familiares.

Conmemoran o Día da Morte Digna na honra de Ramón Sampedro. Nesta data, hai agora 21 anos, o mariño mercante e escritor do Porto do Son faleceu sen ver cumprido o seu desexo: a despenalización da eutanasia.

Para cambiar esta realidade, a asociación Dereito a Morrer Dignamente agarda que, nos próximos meses, se aprobe a lei sobre eutanasia que se tramita nas Cortes.

No centro cultural de Xuño, localidade natal de Sampedro, tamén falan dos coidados paliativos e do testamento vital. Queren preservar o legado dun home que loitou ata o final para tentar dispor en liberdade da súa propia vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2019