CRTVG

Buscar

O lecer nocturno poderá ampliar a ocupación se se autoriza o uso do certificado covid

Publicado o 24/09/2021 16:30

É unha das actividades económicas máis afectadas polas restricións da pandemia. O sector do ocio nocturno comeza a ver a luz despois de 18 meses de parálise.

Quedan aínda pequenos axustes, pero hai acordo nas medidas. Amplíase o horario ata as catro da madrugada. Haberá dous niveis de ocupación que irán do 50 ao 75 % en caso de autorizarse a presentación do certificado covid.

A filosofía é a mesma ca no resto da hostalería: poder traballar con independencia da situación epidemiolóxica para ir recuperando un sector practicamente paralizado desde hai ano e medio e tamén a ocupación.

Xunta e hostaleiros volverán reunirse o luns para pechar o acordo. O novo protocolo probarase durante unhas semanas antes de continuar coa desescalada e poder recuperar 100 % de ocupación dos locais.

Noticias web

24/09/2021