O lago das Pontes de García Rodríguez consegue por primeira vez a bandeira azul
O lago das Pontes de García Rodríguez incorpórase, por primeira vez, ao grupo de praias galegas con bandeira azul. O xurado internacional que outorga este distintivo publicou este martes a listaxe de areais e portos que conseguiron a insignia no 2021.
Cómpre salientar que o concello de Baiona recupera este ano o selo de calidade en seis praias: Barbeira, Concheira, Frades, Ladeira, Ribeira e Santa Marta. Ademais, volverá ondear o estandarte na Pasada, no municipio de Barreiros.
En total, Galicia suma 122 bandeiras azuis, tres máis ca o ano pasado: 111 en praias e 11 en portos. É a terceira comunidade que conta cun maior número, despois da Comunidade Valenciana e Andalucía. Por provincias, Pontevedra consegue 58, A Coruña 37 e Lugo 20.
Concellos con máis bandeiras
Sanxenxo acada o primeiro posto, a nivel municipal, con 17 areais co distintivo. Son A Lapa, Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar.
A continuación sitúase Vigo, con dez praias premiadas: A Punta, Argazada, Canido, Carril, Fontaíña, Fortiñón, O Vao, Rodas (nas illas Cíes), Samil e Tombo do Gato.
Portos distinguidos
Os portos galegos galardoados son:
-Na provincia de Pontevedra: C. C. Portonovo, P. D. Juan Carlos I, R.C.N. Sanxenxo, P. D. Cangas e o Monte Real Club de iates de Baiona.
-Na provincia da Coruña: C. N. Boiro-Marina Cabo de Cruz, C. N. Sada e P. D. Sadamar, R. C. N. A Coruña-Marina Real e R. C. N. Portosin.
-Na Provincia de Lugo: R. C. N. de Ribadeo.
Praias con bandeira azul por concellos
-PROVINCIA DE PONTEVEDRA:
A Guarda: Area Grande, O Muíño.
A Illa de Arousa: Area da Secada, Bao (Camaxe).
Baiona: Barbeira, Concheira, Frades, Ladeira, Ribeira, Santa Marta.
Bueu: Area de Bon, Lagos, Lapamán, Portomaior.
Cangas: Areabrava, Areamilla, Liméns, Melide, Menduiña, Nerga, Rodeira.
Marín: Aguete, Loira, Mogor, Portocelo, Santo de Mar–A Coviña.
Moaña: O Con.
Poio: Cabeceira.
Ponte Caldelas: Praia fluvial A Calzada.
Sanxenxo: A Lapa, Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira, Silgar.
Vigo: A Punta, Argazada, Canido, Carril, Fontaiña, Fortiñón, O Vao, Rodas (Illas Cíes), Samil, Tombo do Gato.
Vilagarcía de Arousa: Campanario, Compostela.
-PROVINCIA DA CORUÑA:
A Coruña: As Lapas, Orzán-Matadero, Oza, Riazor, San Amaro.
A Laracha: Caión.
Arteixo: A Hucha, A Salsa (Repibelo), Barrañán, Combouzas, O Reiro, Sabón, Valcobo.
As Pontes de García Rodríguez: Lago de As Pontes.
Bergondo: Gandarío.
Camariñas: Arou.
Carballo: Pedra do Sal, Razo, Saíñas.
Dumbría: Ézaro.
Ferrol: A Fragata-Pareixal, Doniños, Esmelle, San Xurxo.
Laxe: Laxe.
Miño: Perbes-Andahío.
Oleiros: Bastiagueiro, Espiñeiro, Mera, Naval, Santa Cristina.
Ponteceso: A Ermida, Balarés, O Osmo.
Ribeira: Coroso.
-PROVINCIA DE LUGO:
Barreiros: Acantilado-Remior, Coto, A Pasada.
Burela: A Marosa, O Portelo, Ril.
Cervo: O Torno.
Foz: A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas, Peizás.
O Vicedo: Abrela, Xilloi.
Ribadeo: As Catedrais, Os Castros-Illas.
Viveiro: Area.
Xove: Esteiro.