CRTVG

Buscar

O Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal estará na sede do CETAL en Lugo

Publicado o 16/01/2020 16:27
O Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal estará na sede do CETAL en Lugo

Lugo acollerá a partir deste mesmo ano o Laboratorio Nacional de Sanidade Vexetal. Terá a súa sede nas actuais instalacións do CETAL, que cesará a súa actividade o 23 de xaneiro.

O ministro de Agricultura explicou que a decisión se enmarca dentro da crecente ameaza que o incremento dos intercambios comerciais supón para as producións agrícolas; a aparición de novas pragas e o cambio climático. O laboratorio será o centro de referencia para España.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020