CRTVG

Buscar

O kiwi galego está de parabéns: fai 50 anos

Publicado o 20/11/2019 14:47

Era 1969 cando Carlos del Río plantaba cen exemplares de kiwi nunha pequena parcela de Gondomar duns 3.000 metros cadrados co apoio económico de José Fernández, fundador de Pescanova. Ese froito fai xa 50 anos en Galicia.

Aquel estraño foito do que non se sabía nada era unha auténtico filón. Tras unha viaxe a Alemaña comprobaron que se vendía ata por dous euros a unidade. O cultivo está máis que consolidado e, cincuenta anos despois, Galicia mantense como principal produtora.

Sabemos diferenciar un kiwi galego dun foráneo? e sabemos que propiedades teñen?

Cos seus 50 anos en Galicia, o consumo do kiwi sitúase nunha media de case tres quilos por persoa ao ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019