CRTVG

Buscar

O Kayak Tudense logra o seu 12º campeonato de España

Publicado o 20/03/2017 14:43

O club Kayak Tudense logrou o seu duodécimo título de campión de España de piragüismo.

Logrouno en Sevilla, no Nacional de inverno, disputado no río Guadalquivir. O club de Tui impúxose ao Aranxuez e ao Náutico de Sevilla, os equipos que o acompañaron no podio.

O Breogán do Grove foi cuarto.Nas probas individuais cabe destacar a segunda medalla de ouro consecutiva de Gabriel Campo Pavón en K-1. Proba en que o seu compañeiro de equipo Rubén Millán foi segundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017