CRTVG

Buscar

O Juan Sebastian Elcano chega á Arxentina na súa conmemorativa volta ao mundo

Publicado o 29/12/2019 12:52

O buque escola Juan Sebastián Elcano chegou a Arxentina coma parte da sua viaxe conmemorativa polos 500 anos da primeira volta ó mundo que deron Magallanes e Elcano. Esta travesía terá unha duración aproximada de seis meses que levará os tripulantes por diferentes portos da Arxentina, Brasil e outros portos de Suramerica.

O emblemático buque español recreará parte do percorrido que 500 anos atrás cambiou a historia da navegación.

Jorge Gallego, J. S. Elcano: "Cambiou a visión do mundo, a maneira de ver as cousas, foi a primeira globalización".

Este barco cumpre tamén a función de representar a España por cada país polo que pasa.

Jorge Gallego, J. S. Elcano: "Iso é unha embaixada, é moi distinto a un barco militar normal, este barco é representación de España".

A cidade arxentina de Mar del Plata será o seguinte destino dun barco que pasará por varias cidades do Brasil e outros puntos do Caribe, antes de retornar a Cádiz dentro de varios meses.

Noticias web

29/12/2019