CRTVG

Buscar

Bos días

O izado da carga puido ser o que causou o afundimento do Dorneda en augas arxentinas

Publicado o 12/07/2018 09:25

Afectados pola morte de dous tripulantes dun barco da súa propiedade, na armadora viguesa Freiremar apuran agora os traballos para repatriar canto antes os mariñeiros superviventes, entre os que hai cinco galegos, sete indonesios e 13 peruanos.

Os primeiros datos apuntan a que o Dorneda, un arrastreiro de 50 metros de eslora que leva pescando dúas décadas na zona, sufriu unha vía de auga, pero descoñécense as causas. O buque conxelador acababa de comezar a marea, recentemente renovara o motor e no momento do naufraxio o mar non presentaba especialmente malas condicións.

O buque Farruco, tamén propiedade de Freiremar, rescatou 16 dos superviventes e continuará un tempo no lugar á busca do mariñeiro desaparecido. Noutro barco, o Beagle 1, de bandeira arxentina, viaxa o resto da tripulación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

12/07/2018