CRTVG

Buscar

O italiano David Sassoli novo presidente do Parlamento Europeo

Publicado o 03/07/2019 13:07
O italiano David Sassoli novo presidente do Parlamento Europeo

O italiano David-Maria Sassoli resultou elexido presidente do Parlamento Europeo para os próximos dous anos e medio, tras unha votación na que obtivo o apoio de 345 eurodeputados do total de 667 que emitiron un voo válido.

Natural de Florencia, periodista de profesión e membro do Partido Socialdemócrata italiano, Sassoli logrou o cargo de maior responsabilidade da Eurocámara na súa terceira lexislatura como eurodeputado e despois de ser vicepresidente da institución entre 2014 e 2019.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí