CRTVG

Buscar

O Irixo, que sobe ao nivel alto de restricións, acollerá un cribado entre 500 veciños

Publicado o 30/03/2021 22:15

Malia que os tres concellos da provincia de Ourense e os dous na de Lugo que soben ao nivel alto non superan os dez casos activos, como son concellos con pouca poboación a súa incidencia acumulada disparouse nas últimas semanas, por iso o comité clínico decidiu aumentar as restricións a partir deste venres. Ese é o caso do Concello do Irixo.

Como no bar de Paulino, os seis establecementos hostaleiros do Irixo asumen con pena e resignación que o venres xa non poderán servir no interior.

Tamén no bar de Nuria só poderá atender na terraza ao 50 % e cun máximo de 6 persoas por mesa.

O municipio ourensán do Irixo non tiña casos ata hai pouco agora con 5 nun gromo localizado súmase á lista dos concellos no nivel alto de restricións.
Para frear a transmisión ó Sergas convoca mañá a 500 veciños de entre 18 e 74 anos para un cribado.

Cunha situación moi parecida os concellos de Rábade e A Pobra do Brollón, en Lugo tamén sobren ao nivel alto de restricións. Co virus cerca os veciños aumentan as precaucións.

Ademais do Irixo, Rábade e A Pobra do Brollón, este venres tamén entran no nivel alto os concellos ournesán de Cortegada e Padrenda.

 

Noticias web

30/03/2021